A nova licitación inclúe, desde a súa entrada en vigor, un sistema regular de inspección e control específicos que velarán polo cumprimento, frecuencia e efectividade por parte da empresa concesionaria das medidas descritas, mellorando así substancialmente a actual estratexia de limpeza viaria.
Ademais, será posto en marcha un sistema de informatización e dixitalización dos datos que permitirá obter e procesar a información relativa á limpeza do espazo urbano de forma máis áxil e accesible, permitindo así resolver con maior precisión e rapidez calquera ocorrencia.
O pagamento á empresa será en función dos indicadores de calidade resultantes da inspección e control específicos, que han de cumprir todos os parámetros incluídos no prego.
O bo uso dos recursos humanos e materiais é clave para falar tamén neste ámbito dunha cidade próxima e comprometida.
Medidas especiais que implican un grande avance con relación ao actual contrato de limpeza viaria, vixente desde 2008, e que nos permitirán dar un salto cualitativo e cuantitativo na estratexia e dotacións neste ámbito.