Primeiros de España en separar materia orgánica

A Coruña. Cidade modelo en compromiso ambiental.

De sempre, na Coruña reciclamos máis e mellor, contribuíndo á xeración de emprego grazas a unha maior separación dos residuos, axudando así a construír entre todos un sistema máis sostible ambiental, social e economicamente.
Fomos das primeiras cidades en España en recoller os residuos orgánicos e os restos de alimentos en contedores á parte para a súa compostaxe. Hoxe, en Europa é unha obriga, e moitas cidades comezan a pór en marcha o que nós levamos xa case dúas décadas facendo.

46,74 Kg por persoa 46,74 Kg por persoa
33% de envases recuperados 33% de envases recuperados
25 pt. Galicia 25 pt. Galicia
Case 30 mill. gasto Case 30 mill. gasto

A xestión dos residuos:

un verdadeiro reto para todas as cidades.

A contratación dos servizos relacionados cos residuos é un dos maiores desafíos para a administración pública municipal.
O contrato actual de recollida de residuos, vixente dende 1967,chega ao seu fin.
É momento de presentar un novo marco legal para os próximos anos, pioneiro na cidade: una estratexia elaborada por expertos municipais, coa axuda de todas as entidades involucradas, que marque as novas medidas e actuacións especiais para avanzar e converternos nunha das cidades que mellor recicla de Europa, poñendo en valor todo o conseguido ata hoxe e trazando o camiño que nos levará a acadar outros grandes logros en materia de residuos, ata chegar ao denominado “Residuo Cero”.

Incremento do investimento

Os novos contratos de recollida de residuos e contenerización contempla un investimento en maquinaria, equipos e contedores de máis de 8.300.000 € sobre un custo anual total de preto dos 15.000.000 €, que garantirá o coidado do espazo urbano compartido e mellorará substancialmente a redución, a reciclaxe e a reutilización en todos os grupos da sociedade.