Escoitar para mellorar

Aposta pola transparencia e
innovación na contratación pública.

O 2018 está a ser un ano determinante para o coidado do espazo público da nosa cidade.

Despois de pór en marcha a renovación do contrato de residuos, é o momento de establecer unha nova xestión da limpeza viaria que consiga garantir o mantemento da limpeza dos barrios de forma equitativa e adaptada ás particularidades de cada un deles.

Para logralo, o Concello da Coruña, nunha clara aposta pola transparencia na contratación pública e na innovación democrática dos procesos, converte a licitación de limpeza viaria, unha das máis relevantes da cidade, nunha nova consulta. Queremos escoitar a todos os axentes sociais implicados para, entre todos e todas, establecermos as grandes melloras que traballen para unha cidade coidada e limpa todos os días. En todas as rúas. En todos os barrios.

Incremento do investimento

O novo contrato de
limpeza viaria en números.

O prezo de licitación
do novo contrato supera os

14 millóns de euros
Billetes
+ 5 millóns

destinados a nova maquinaria máis eficiente,
menos ruidosa e máis sustentable

Camións