Inspección específica
e control do servicio.

A nova licitación inclúe, desde a súa entrada en vigor, un sistema regular de inspección e control específicos que velarán polo cumprimento, frecuencia e efectividade por parte da empresa concesionaria das medidas descritas, mellorando así substancialmente a actual estratexia de limpeza viaria.

Ademais, será posto en marcha un sistema de informatización e dixitalización dos datos que permitirá obter e procesar a información relativa á limpeza do espazo urbano de forma máis áxil e accesible, permitindo así resolver con maior precisión e rapidez calquera ocorrencia.

Pagamento á empresa en función
dos indicadores de calidade.

O pagamento á empresa será en función dos indicadores de calidade resultantes da inspección e control específicos, que han de cumprir todos os parámetros incluídos no prego.

O bo uso dos recursos humanos e materiais é clave para falar tamén neste ámbito dunha cidade próxima e comprometida.


Nada disto sería posible sen a colaboración de todos e todas para manter as nosas rúas limpas e coidadas, polo que o novo contrato inclúe tamén campañas de sensibilización cidadá para garantir a información completa e específica en este ámbito para toda a veciñanza.

En definitiva...

Medidas especiais que implican un grande avance con relación ao actual contrato de limpeza viaria, vixente desde 2008, e que nos permitirán dar un salto cualitativo e cuantitativo na estratexia e dotacións neste ámbito.

A Coruña coidada e limpa
todos os días. En todas as rúas.
En todos os barrios.