Cada cousa no seu sitio,
Cada residuo no seu contedor.

Isto é o que fas cada día na casa cos residuos:
colocalos onde non lles corresponde.

#noseusitio

    Cada cousa no seu sitio,
cada residuo no seu contedor.

Isto é o que fas cada
día na casa cos residuos: colocalos
onde non lles corresponde.

 

En serio, non é tan difícil.

No día a día na casa, no traballo…
se tes claro onde se coloca cada cousa,
cal é o seu lugar…

por que non fas o mesmo cos residuos?

Cada vez producimos máis restos que acaban depositándose directamente na natureza, nos océanos, e se no mellor dos casos chegan á planta de reciclaxe, xeran grandes problemáticas se non están separados correctamente.



Cada cousa no seu sitio, cada residuo no seu contedor.

Pénsao. A clave está na colaboración cidadá. O primeiro e máis importante paso es ti, no teu fogar.

Cando separas ben os residuos,
coidas do medio ambiente e axudas
á xeración de emprego!

#acoruñarecicla;)

O mellor residuo é aquel que non se produce.
... pero os que producimos, témolos que separar ben.

 

A Coruña foi das primeiras cidades en España en recoller os residuos orgánicos e restos de alimentos en contedores á parte para a súa compostaxe.

Hoxe, en Europa é unha obriga, e moitas cidades comezan a pór en marcha o que nós levamos xa case dúas décadas facendo.

Se separamos os restos de comida, entón o papel e cartón, os plásticos, tetrabriks e latas poden recuperarse moito mellor e terán unha segunda vida útil en forma de novos produtos.

Fomos pioneiros e pioneiras grazas ao esforzo de toda a cidadanía. Volvamos selo!

Residuos seleccionados
para a sua separación en orixe.


Voluminosos

Mobles, electrodomésticos, colchóns… e outros residuos de gran tamaño.

Chama ao 010 antes de depositalo e recollerancho no punto de contedores que indiques.


Pilas

Existen na cidade máis de 1000 puntos colaboradores en instalacións publicas e privadas. Busca o máis próximo á túa casa!

 


Roupa

Hai máis de 100 contedores na cidade para darlle á roupa un novo uso con fins sociais. Tamén hai moitas entidades sen animo de lucro que a recollen.

 


Outros

Residuos especiais como pequenos electrodomésticos, baterías, tóner e cartuchos de impresora, radiografías, aerosois, lámpadas e fluorescentes, móbiles, pinturas e vernices etc, debes depositalos nos puntos limpos dos Rosais e Eirís ou no Punto Limpo Móbil que recorre todos os barrios.

Tes dúbidas? Consulta a continuación os tipos de residuos e os contedores onde debes botalos.

 


Residuos alimenticios


Residuos orgánicos como restos de pan, fritos, verduras, peixe (espiñas, peles…), carne (osos…), cascas de ovo, restos de marisco, alimentos caducados, papeis sucios ou collados de envolver alimentos.

 


Inorgánicos

Envases de todo tipo: metais, plásticos, tapas de botes, envoltorios, bolsas…

 


Papel e cartón

Envases de cartón, papel, xornais e revistas.

 


Vidro

Botellas de vidro, frascos e tarros sen tapa.

 


Aceite

Restos de aceite doméstico usado (frituras, aliños, latas de conserva...).

 

Do wc ao mar: a problemática
dos residuos sanitarios.

Cada ano acaban na depuradora, ou directamente no mar, toneladas de residuos que tiramos polo WC como toalliñas, tapóns dos oídos, tampóns e compresas ou incluso cabichas. A eliminación destes residuos na depuradora na Coruña cústanos arredor de 250.000 € cada ano, sen contar o arranxo das avarías nos bombeos que causan algún deles, como as toalliñas.

Recollida de roupa
para fins sociais

A Institución Benéfico Social Padre Rubinos, recolle a roupa nos máis de 100 contedores dispersos na cidade, para darlle un novo uso con fins sociais.

Tamén podes depositala nas súas instalacións (ademais dos puntos limpos) e coñecer un pouco máis deste proxecto en padrerubinos.org

Recollida especial de
aceite doméstico usado.

Cada día, tiramos polo vertedoiro restos de aceite usado de cociña e restos de latas de conserva que poderiamos reciclar tamén dun xeito moi doado.

 

Como?

Vai reenchendo con el calquera botella de plástico baleira que teñas na casa e deposítaa ben pechada nos contedores situados na contorna dos mercados e centros cívicos municipais.

Onde?

En todos os mercados, centros cívicos e nos puntos limpos de Eirís e Os Rosais. Localiza os diferentes puntos de recollida de aceite doméstico usado no seguinte mapa

 

Quen?

O proxecto Mulleres Colleiteiras
é unha grande iniciativa social que
ten como principal obxectivo a
recollida de aceite doméstico usado

O Concello da Coruña subscribiu un convenio co colectivo de Mulleres Colleiteiras para a recollida de aceite doméstico usado en vía pública, co fin de evitar os problemas ambientais e económicos que o aceite provoca, e colaborando cun proxecto de economía social.

Está liderado por mulleres en situación de exclusión social, como medio para incorporarse ao sector formal de autoemprego, e ofrece unha proposta eficaz á reciclaxe deste produto.

Tes máis información nas seguintes webs:

coruna.es/medioambiente,
mullerescolleiteiras.blogspot.com.es


 

Pénsao. Agora si.

Cada cousa no seu sitio,
cada residuo no seu contedor.

Sabías que...

… se todo o papel e cartón que vai a contedores que non lle corresponden, fosen ao seu contenedor azul, na Coruña poderíamos ter 1.000.000 € de ingresos máis pola súa recuperación?

Pero se non se separa, pérdese.

 

… cada ano rematan na depuradora de Bens mais de 500.000 litros de aceite que supón un custe de case 140.000 € anuais en depuración?

Pero se non se separa, pérdese.

O custo da recollida de residuos e limpeza na nosa cidade é de case 30.000.000 € anuais.

Na planta de Nostián ingresaranse
en 2016 máis de 7 millóns de euros
só pola recuperación de envases.

É apenas unha pequena parte
do que se podería ingresar cunha
maior separación en cada fogar.

Agora si. Faino!

Unha maior reciclaxe, xera postos de traballo, axuda a que o sistema de recollida sexa economicamente equilibrado, e reporta uns beneficios ambientais de valor incalculable.

Recollida selectiva porta a porta
para hosteleria e comercio.

Nestes días de Nadal nos que creamos unha grande cantidade de residuos, o Concello da Coruña pon en marcha un plan especial de recollida selectiva porta a porta de papel, cartón, vidro e orgánicos

Consulta aquí os horarios segundo os tipos de residuos e a localización do teu negocio de comercio ou hostalaría:

Centro Cidade

Recollida especial de papel, cartón, vidro e orgánicos.


Cartón e vidro 

Restos de alimentos 

Zonas comerciais

Recollida especial de papel e cartón.


A Gaiteira e Catro Camiños 

Os Mallos 

Rúa Barcelona  

Se queres acceder a máis información acerca dos procesos e puntos de reciclaxe, podes visitar a web:
coruna.es/medioambiente

ou chamar aos teléfonos:
010 e 981 184 315